
Este Nadal, quedamos!
Hai moitas formas de celebrar o Nadal: coa familia, os amigos, sós ou en parella, porta con porta ou a mil quilómetros de distancia, na aldea, na cidade, coa túa mascota, coa Galega ou coa Primeira, en vaqueiros ou smóking, en tacóns ou zapatillas, co xersei da avoa ou a mantiña… Este Nadal hai moitas formas de estar preto de quen máis queremos e de seguir coidándonos entre todos.
Porque contigo é máis Nadal.
